Open.vieiros infórmanos de que nace un blog que se esforzará día a día por demostrar que os galegos somos "españois coma os que máis".
"Nación de Breogaiiiiiin... ariquitáun!" é o que pon na cabeceira desta nova páxina chamada Tan gallego como el gazpacho, que naceu para "demostrar que os galegos somos españois coma os que máis e aproveitaremos para combater o secesionismo desos centos de milleiros que aparentemente parecen decididos a que en Galiza se fale galego". A información chega grazas a unha nota publicada por maceirax en open.vieiros.
Na páxina hai información ben útil como a tradución do himno galego -"Queijumes de los pinos"- ao idioma cervantino.
Contra "los separatistas normalizadores amigos de la ETA"
Tan gallego como el gazpacho vén a ser un pequeno grao de area "contra o secesionismo, a normalización lingüística e a ruptura de España" e está chea de novas aportacións á causa que non se poden perder.