Esta fin de semana celébrase a segunda proba do Campionato Galego de Surf e Bodyboard na praia de Río Sieira.
O Arealonga Surf Clube de Noia organiza e dálle nome a esta proba, a segunda do Circuíto Galego 2007, que se ha celebrar na longa praia de Río Sieiro, no Porto do Son.
A competición comezará arredor das dez da mañá, no sábado, e despois está programada unha unha festa surfeira auténtica, no piñeiral, a carón da praia.
O clube de Noia une, dende 1992, a todos os surfistas do Barbanza, unha zona chea de praias bravas, coma a do Castro de Baroña, a das Furnas ou a de Queiruga, perfectas para coller ondas.
O circuíto Galego: a coller ondas por todo o país
O Circuíto Galego Caixa Galicia 2007 de Surf e Bodyboard, formano 3 probas en categoría open e 3 probas infantil e xuvenil, repartidas por toda costa galega: esta é a segunda.
No circuíto repártense algo máis duns 10.000 € en premios e este ano inclúese como novidade unha gran proba final de surf, a GZ surf 2007, e outra de bodyboard, GZ bodyboard 2007, reservada para os mellores clasificados do circuíto, con boas condicións de ondas e onde se decidirán os campións do 2007.
No Campionato galego está aberto a todos os surfistasfederados en galiza, Cantabria, Euskadi, Canarias ou Portugal.
Para saber máis sobre o Circuíto Galego 2007, dálle aquí.