Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Relizarase un estudo técnico

Paran a urbanización do Pino por posíbeis agresións ao Camiño de Santiago

Cultura paralizou a construción dun parque empresarial mentres non se resolva o recurso interposto por Amigos do Solo, que aseguran que afecta a unha traza histórica do Camiño.

Redacción - 09:25 21/06/2007
Imaxe do Camiño de Santiago ao seu paso polo Pino

Imaxe do Camiño de Santiago ao seu paso polo Pino

A Consellaría notificoulle ao Concello, este mércores 19, que "a execución das obras implica a realización de movementos de terras que suporían a destrución deses restos ou elementos físicos do camiño orixinal, o que impediría, por unha banda, a comprobación dos datos alegados polo recorrente e, por outra, de ser o caso, a súa preservación". Agora, o persoal técnico especializado da Consellaría realizará un estudo para confirmar a existencia desa traza e, de existir, avaliar até que punto poden as obras supor unha agresión.

Xa que logo, suspéndese temporalmente a resolución anterior, do 29 de marzo, en que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural autorizaba o proxecto de urbanización do sector PP1 do PXOM, para a creación dun parque empresarial na zona. As condicións eran respectar o trazado oficialmente recoñecido do Camiño de Santiago, coa mantenza dunha zona verde arborada de 30 metros a cada banda do camiño e a construción dunha pasarela de madeira para o tránsito dos peregrinos. A utilidade industrial da área incluíase no Plan Xeral aprobado en febreiro do 2004.


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: