Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galicia Innovación Junior

Un controlador de velocidade e unha cuberta de piscinas de premio

A Consellaría de Industria deu a coñecer os premios xuvenís de innovación. Unha vez máis, os mozos demostraron ser unha magnífica canteira.

Redacción - 13:40 23/06/2007

Na categoría de 16 a 18 anos, o lugués Efrén López Ferreiro, do I.E.S. Gregorio Fernández de Sarria, recibiu o primeiro premio grazas a un curioso proxecto: un radiotransmisor de limitacións de velocidade vial. O aparello serviría para evitar distraccións dos condutores. O segundo premio foi para Almudena Novoa, alumna do I.E.S Universidade Laboral de Ourense. A moza ideou unha mellora dos sistema acústico que actualmente utilizan moitos vehículos para recordar a necesidade de empregar o cinto.

Na categoría dirixida a mozos de entre 12 e 15 anos, impúxose Rosalía Gómez, alumna do Instituto Rosalía de Castro de Compostela. A moza ideou un sistema de cuberta automática de piscinas. Pola súa parte, Pablo Loureiro, do IES Ferrol Vello, logrou o segundo premio polo deseño dun depósito para aproveitar as augas das chuvias nas vivendas unifamiliares.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: