Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os incendios, outro foco do efecto invernadoiro

Galiza á cabeza na emisión de gases contaminantes

O estudo Incendios forestais: Análise e propostas de Ecoloxistas en Acción revela que Galiza é a comunidade autónoma onde se producen maiores emisións de gases de efecto invernadoiro polos volumes de madeira queimada.

Redacción - 11:52 01/07/2007

A asociación Verdegaia presentou este sábado o seu informe, en que recolle os datos e propostas de Ecoloxistas en Acción afirma que os incendios forestais favorecen o cambio climático ao emitiren gases de efecto invernadoiro. O cambio climático propicia, ao tempo, a propagación de incendios. Nas últimas catro décadas botáronse á atmosfera máis de 100 millóns de toneladas destes gases: dióxido e monóxido de carbono, metano e óxidos de nitróxeno.

Tamén, neste período, foron emitidas 24.000 toneladas de gases nitroxenados. Entre o 90 e o 2000, as emisións de gases contaminantes causados polos incendios forestais foron a décima parte das emisións totais de gases causantes do efecto invernadoiro.

Entre 1988 e 2001 foron emitidas máis dun millón de toneladas de dióxido de carbono. Por detrás de Galiza van Asturias, con 300.000 toneladas, Castela e León e Andalucía, con máis de 200.000 toneladas, Castela A Mancha e a Comunidade Valenciana, con máis de 100.000, e Cantabria e Euskadi, con 50.000.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: