 
Un inmigrante chegado de Nixeria hai sete anos convértese en rexedor.
Rotimi Adebari, o novo alcalde de Portlaoise, fuxía de Okeodan en Nixeria, coa sua muller e os seus catro nenos hai sete anos. A semana pasada convertíase no primeiro alcalde negro na historia de Irlanda. 
  
  Cando a familia Adebari se instalou en Portlaoise en 2000, os seus fillos eran os únicos estranxeiros na escola. Hoxe, a mesma escola acolle alumnos de 30 nacionalidades diferentes. 
  
  Pero non e todo flores para o novo alcalde. Adebari foi atacado verbalmente en diferentes blogs dende que se anunciou a sua elección demostrando que o pais aínda ten un longo camiño que percorrer para chegar a integración harmónica dos inmigrantes (10% da poboación).   
  
  O novo alcalde aproveitou a sua primeira visita oficial a Leinster House (edificio que acolle o parlamento irlandes – Dail) para criticar publicamente unha axencia inmobiliaria de Dublín por discriminación racial. A axencia colgara un anuncio para arrendar casa na paxina web Daft.ie especificando que non aceptaríaa estranxeiros. 
  
  A axencia en cuestión xustificou o anuncio explicando que se trataba dun erro, pero o incidente é un claro exemplo de que o ‘país das 1000 benvidas’ aínda debe avanza moito máis para lograr a integración de minorías. 
  
  A elección de Adebari foi apoiada localmente polos representantes de Fine Gael, Sinn Fein e varios concelleiros independentes. 
  
  "Hoxe, este pais cambio e nunca volvera a ser o mesmo", dixo o novo alcalde.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto