Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ciclismo

O Karpin Galicia enfróntase á súa segunda proba por terras portuguesas

O equipo profesional galego inicia no país veciño o segundo ciclo da tempada. Ademais de subir ao podio portugués, todos as olladas dos ciclistas están agora na 'Vuelta a España'.

Redacción - 17:40 10/07/2007
O premio dedícaselle a Joaquim Agostinho

O premio dedícaselle a Joaquim Agostinho

O Karpin Galicia desprázase a Portugal para disputar do 11 ao 15 de xullo o GP Torres Vedras-Memorial Agostinho, e presenta un bloque homoxéneo nesta proba portuguesa do calendario UCI: leva a Marcos Serrano, Isidro Nozal e Eladio Jiménez como principais bazas.

Completan a formación galega Gustavo C. Veloso, Enrique Salgueiro, Ramón Troncoso, Gonzalo Rabuñal e Luís Fernández Oliveira.

O ecuador da tempada: a medalla de bronce

Os campionatos estatais -onde o equipo galego conseguiu unha medalla de bronce-, marcaron o medio xusto da tempada para os corredores do Karpin Galicia, e, a partir de agora todos os esforzos dos ciclistas estarán centrados 'Vuelta a España', aínda que tamén marchan decididos a pisar o podio en terras lusas.

O GP Torres Vedras-Memorial Agostinho
Conta cun prólogo e catro etapas. A segunda delas, que se disputará na terceira xornada de carreira, preséntase como a máis decisiva ao coincidir a meta no alto de Montejunto, porto de primeira categoría.

O Karpin Galicia terá como rivais os nove equipos profesionais portugueses, os españois Andalucía-Cajasur, Spiuk-Estremadura e Nicolás Mateos; o francés Cofidis e o americano Slipstream.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: