Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Protesta contra Reganosa

Os veciños de Mugardos completan a primeira noite no Concello

O peche indefinido iniciado na mañá deste luns segue este martes na Casa do Concello.

Redacción - 09:00 24/07/2007

O Comité Cidadán de Emerxencia e diversos colectivos sociais ferroláns subliñaron durante a xornada a súa solidariedade coa acción promovida pola asociación de veciños O Cruceiro de Mehá.

Nun escrito que foi entregado no rexistro municipal do Concello, os veciños afectados pola instalación da planta de gas natural licuado manifestaron a súa "preocupación e indignación" pola desinformación á que aseguran verse expostos en relación ao Plan de Emerxencia Exterior aprobado o pasado 2 de xullo por Protección Civil e finalmente aprobado polo Consello da Xunta o pasado 19 de xullo. "Sendo veciñas e veciños dos máis directamente afectados queremos coñecer con exactitude o Plan", esixen, indicando a súa total oposición a que se aprobe a autorización definitiva de funcionamento para a planta.

Organizados a través da plataforma de veciños O Cruceiro, hai xa anos que presentaran alegacións ao proxecto, alertando de que a regasificadora se estaba construíndo apenas a 80 metros da casa máis próxima.

Aseguran que o peche seguirá até que as demandas sexan atendidas. Os veciños piden o apoio da corporación municipal para a solicitude de entrevista con Francisco Barroso Palomino, director da Área de Industria e Enerxía da Coruña, de quen depende a autorización final de explotación a Reganosa. Tamén piden que lles reciba a Dirección Xeral de Protección Civil de Galicia, entidade á que acusan de promover "indebidamente" o plan de emerxencia aprobado pola Xunta o pasado xoves 19 de xullo.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: