Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na Ribeira Sacra

Colle o bus do viño!

De Chantada a Os peares ou de Santo Estevo a Castro Caldelas. Até oito itinerarios cunha inédita iniciativa para gozar de paisaxe, patrimonio e gastronomía.

Redacción - 09:30 29/07/2007

É un experimento de probado éxito noutras zonas vinícolas pero inédita por esas terras, de boa gastronomía e pouco explotados recursos turísticos: a Ribeira Sacra estrea o Viño Bus.

Posto en marcha ao abeiro do Plan de Dinamización Turística da zona, propoñen varias rotas por este contorno natural, que inclúen catas guiadas e visita a algúns dos máis fermosos lugares da zona. O custo: tres euros. Están activas de venres a domingo durante o todo o verán. Poden atopar máis información na web do consorcio de turismo da Ribeira Sacra.

E por certo, lembren: no momento de escribírmoslles estas liñas quedan 55 días para a vendima.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: