Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A Panadeira e Lavapanos

Dúas praias de Sanxenxo, pechadas por unha vertedura de gasóleo

Un pesqueiro con base en Combarro afundiu no porto durante a madrugada e perdeu 70 litros de combustíbel.

Redacción / EP - 18:56 05/08/2007

As praias da Panadeira e Lavapanos, en Sanxenxo, están pechadas ao baño por mor dunha vertedura de gasóleo. Un pesqueiro afundido a madrugada do sábado ao domingo no porto da vila deitou uns 70 litros de combustíbel, que agora afectan os areais.
Segundo o concello, a medida é de tipo preventivo, e afecta tamén ás bandeiras azuis da Panadeira e do porto deportivo, que foron retiradas. Dende o executivo municipal tamén aseguran que o problema só lle afecta á auga, polo que non hai perigo en tomar o sol na area.
O barco Eliécer, con base en Combarro, afundiu pouco antes das tres da madrugada por un fallo no amarre. O pesqueiro perdeu entre 50 e 100 litros dos 300 que contiña o seu depósito, segundo informou a Xunta. Portos de Galicia e o servizo municipal de xestión de emerxencias levan a cabo as tarefas de limpeza da mancha.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: