O plan inclúe telefonía a través de internet nas aldeas con problemas de cobertura
Os veciños de Curtis, Muxía e San Sadurniño poderanse conectarse nun futuro a internet de alta velocidade grazas a redes sen fíos públicas. A Consellería de Industria asinou este hoxe un convenio con estes tres concellos para financiar as infraestruturas necesarias.
A inversión é de máis de 83.000 euros en cada municipio. O plan inclúe prestar servizos de telefonía a través de internet nos lugares con problemas de cobertura telefónica.
Aulas de formación
Ademais, poranse en marcha varios centros de formación en novas tecnoloxías. Tamén está previsto ”dotar a estes concellos do equipamento informático e de telecomunicacións necesario para a posta en marcha de novos Puntos de Acceso á Sociedade da Información”.