 
 
Logo de dous anos de violencia na rexión, e diante da indiferenza internacional.
No medio da violencia armada, a poboación civil sofre na República Centroafricana do acoso dos grupos armados nun contorno de graves violacións dos dereitos humanos. A situación, malia ser denunciada reiteradamente por algúns colectivos, está tendo escaso eco no contexto internacional.
Un informe das Nacións Unidas recoñece a preocupación polo que acontece no país e diversas asociacións denuncian que cada día morren ducias de cativos debido á malnutrición e que centos de mulleres son vítima de violacións.
Recentemente, o Consello de Seguridade da ONU decidiu acelerar os preparativos para o despregue dunha pequena misión fronte ao problema humanitario. Representantes da institución viaxaron xa á zona para preparar a actuación, malia que aínda deberá pasar a peneira dunha resolución que, liderada por Francia, debera chegar en breve ás Nacións Unidas. A crise abrangue ao veciño Chad e agrávase pola chegada de milleiros de persoas que foxen á súa vez do conflito de Darfur e que enchen os campos de refuxiados ao noroeste da República Centroafricana.
Visualizar o mapa ampliado
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto