Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
TRADUCIRÁ WEBS E DOCUMENTOS

Haberá tradutor automático inglés-galego en liña e de balde

O Goberno inviste 360.000 euros nesta ferramenta e nun dicionario con correspondencias co portugués, castelán e inglés

Redacción - 17:16 10/09/2007

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe un concurso polo que a Xunta busca un sistema de tradución automático do galego ao castelán, do galego ao inglés e do inglés ao galego. O sistema será publicado na rede, polo que os cidadáns poderano empregar de xeito gratuíto.

Agora mesmo en internet están dispoñibles sistemas de tradución de balde entre galego,castelán e outras linguas peninsulares; pero non entre galego e inglés, idioma dominante no ciberespazo.


Será propiedade da Xunta
A secretaría xeral de Política Lingüística gastará case 300.000 euros no tradutor, que ademais de texto, será quen de traballar con páxinas web e documentos con formato DOC, RTF, XML e ODT; entre outros. Nos requirimentos do concurso non se especifica que o software terá que ser de código aberto, pero, en todo caso, “o sistema pasará a ser propiedade da Xunta”, segundo explica un voceiro da Xunta.

Dicionario galego-portugués
Ademais, Política Lingüística abriu outro concurso para a “publicar na internet un dicionario de galego con correspondencias en castelán, portugués e inglés” no que investirá máis de 60.000 euros. As empresas interesadas en presentar ofertas a calquera dos dous concursos unicamente teñen quince días para facelo, ata o próximo 25 de setembro.


4,89/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: