Boa etapa do de Marín, que mantivo opcións para gañar case deica o final. Ezequiel Mosquera mantén a quinta praza na clasificación xeral.
David García, do Karpin Galicia
O ciclista galego do Karpin Galicia David García finalizou en sexta posición a decimocuarta tirada da Vuelta 2007 deste sábado, entre Puerto Lumbreras e Villacarrillo, cun percorrido bastante irregular e catro portos de terceira categoría, despois de marchar fuxido con outros nove corredores durante moitos quilómetros.
Porén, a pouco de chegar á liña de meta, o estadounidense de Honolulu Jason McCartney, do equipo Discovery Channel, abandonou o grupo e conseguiu renda de abondo para acadar a vitoria. A 29 segundos chegou o sueco Thomas Lövkvist e a 50 David García e o resto de fuxidos.
O pelotón perdeu algo máis de dez minutos.