 
 
Responden ás insinuacións da patronal eólica, que alerta de que os ataques sucederon os mesmos días que as camiñatas de "resistencia nacional"
 
											Logotipo de AMAL
A Asociación de Montaña Augas Limpas (AMAL) publicou un comunicado oficial no que se desvincula  das sabotaxes a catro parques eólicos. A Gardia Civil está a investigar ataques ás centrais de Serra do Faro, Careón, Cova da Serpe e O Suído este setembro. O caso da Serra do Faro é o máis grave, pois fontes empresariais apuntan que foi un disparo contra un cable a causa do curtocircuíto que parou os muíños durante nove días.    
   O desmentido de AMAL -unha asociación de ecoloxistas con vínculos co independentismo- prodúcese a raíz dos datos verquidos  pola Asociación Eólica de Galicia (AEG), a patronal dos aeroxeneradores. Sen acusar directamente aos nacionalistas, a AEG destacou que varias sabotaxes se realizaron os mesmos días que a AMAL organizou marchas  para “denunciar sobre o terreo aos responsábeis da destrución do patrimonio galego”.  
   Pintadas co logo de AMAL  
En particular a AEG destaca que o sabotaxe da Serra do Faro produciuse o día 19, o mesmo día no que -como se pode comprobar na web da Asociación- había unha marcha de AMAL. Nos muíños de vento tamén apareceron pintadas coa sinatura deste grupo.      
Con todo, a AMAL nega “andar destruíndo campos eólicos durante marchas convocadas publicamente e abertas á participación de calquera amante da montaña (periodistas incluídos)”. Para atopar aos responsábeis das sabotaxes, a Asociación anima aos empresarios a cavilar sobre porque os parques están a “apañar o odio de ecoloxistas, veciños e comuneiros”.
"Resistencia nacional"
Na convocatoria das marchas AMAL aseguraba que "deixaremos a nosa pegada sinalando aos responsábeis de tantas desfeitas que inzan o país. É a nosa contribución modesta á formación dunha comunidade de resistencia nacional".
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto