Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aval extra para o proxecto de ENCE

O goberno español corresponsabilizarase dos impactos negativos da macropapeleira en Uruguai

Os ecoloxistas critican que a Compañía Española de Seguros de Crédito á Exportación, de maioría estatal, vaille garantir ao grupo empresarial unha "póliza por riscos políticos".

Redacción - 09:00 29/11/2007

O Observatorio da Débeda na Globalización e Ecoloxistas en Acción solicitaron que fronte á posibilidade de afrontar ese proxecto, a Compañía Estatal de Seguros de Crédito á Exportación, CESCE, fixese pública a información correspondente sobre o polémico proxecto de ENCE, unha iniciativa considerada "de alto risco ambiental".

O goberno español conta coa maioría do capital da CESCE, o 50,25%, e a aprobación desta operación realizaríase polo propio presidente do executivo e a través do Ministerio de Industria. De seguir adiante, o Estado español sería corresponsábel dos danos ambientais e do impacto socioeconómico negativo que no seu caso esta actividade empresarial cause na zona.

Os activistas denuncian que a CESCE se negou a entregar a documentación correspondente, o Estudo de Impacto Ambiental, malia que xa pasou o prazo legal dun mes desde a solicitude. Advirten de que a documentación interna da entidade nin sequera fai referencia á existencia dese informe ambiental e simplemente se refiren a unha avaliación dun organismo vencellado ao Banco Mundial para un proxecto anterior. "A opinión pública ten dereito a coñecer a información solicitada", subliñan, criticando a "barreira ilexítima e arbitraria" imposta pola compañía.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Protesta contra as papeleiras / Imaxe: Indymedia Uruguai
Protesta contra as papeleiras / Imaxe: Indymedia Uruguai