Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Cúmprese un mes do seu ingreso na cadea

Arelas de indulto para os 'tres do Eixo'

O Movemento Asociativo de Compostela agarda que antes de Nadal chegue a medida de gracia. Este venres fixeron público un manifesto de apoio de músicos galegos.

Redacción - 10:00 01/12/2007

O Movemento Asociativo, organizado en Santiago de Compostela en solidariedade con Simón Márquez, Xosé Moreira e Xesús Montoiro, 'os Tres do Eixo', agarda que antes de Nadal o Consello español de Ministros aprobe o seu indulto.

Así o manifestaron os seus voceiros este venres na presentación do 'Manifesto dos Músicos', un texto de apoio de artistas de todo o país e que recorda, "sen entrar a avaliar a resolución xudicial e con todo o respecto a esta", que a situación dos encarcerados vén derivada do "incumprimento por parte do Ministerio de Fomento dos compromisos adquiridos cos veciños".

Ademais segundo se indicou no acto deste venres -organizado cando se cumpre un mes do ingreso na cadea dos Tres do Eixo-, o ministro español de Xustiza, Mariano Fernández Bermejo, está "a piques" de recibir toda a documentación referida á petición de indulto. Xa que logo, confirmaron que lle darán "unha marxe" para saber se hai unha resolución ao respecto.

De todo os xeitos, o colectivo mantén unha manifestación en Compostela para o 16 de decembro. Antes, este domingo, haberá unha concentración de gaiteiros no Toural, que percorrerán distintas rúas da cidade, e o 14 de decembro varios artistas e grupos musicais actuarán no Auditorio de Galiza.


4,86/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: