As
polafías teñen unha duración de 70 ou 80 minutos e compóñense dun divulgador ou especialista, que introduce e comenta as principais características das pezas e xéneros literarios amosados; e dun músico, que interpreta romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Porén, a parte máis importantante da velada, os verdadeiros protagonistas, son os veciños de cada lugar onde se desenvolve a
polafía.
Nas últimas semanas celebráronse encontros en Serra de Outes, Mondoñedo, Vilar de Santos e Cerdedo. Dende esta semana, pódense ver os momentos máis destacados das polafías destas dúas últimas vilas
na páxina da AELG.