 
 
A última hora deste xoves, os mozos quedaron libres. Con todo, impútaselles un delito de "inxurias á coroa".
 
											Segundo informaba o propio colectivo, pasadas as 20h da tarde do xoves, os catro militantes de Nós-UP detidos á fin da mobilización convocada por Causa Galiza, foron postos en liberdade, malia que acusados dun delito de "inxurias á coroa". Os catro independentistas, Santiago Mendes Rodrigues, Crístofer Machado Ibanhez, Carlos Pena Neto e Alexandre Bolívar Esteves, estiveron acompañados polo avogado da organización, Guilherme Presa, e negáronse a declarar.   
  
  Os manifestantes foran detidos pola queima dunha imaxe do xefe do Estado español, un boneco coa silueta do monarca Juan Carlos de Borbón, unha vez rematou o acto deste xoves en Vigo. Durante a permanencia dos catro mozos no interior da comisaría, NÓS-UP convocou unha concentración de protesta fronte á mesma.
 A Policía cargou nun primeiro momento contra a concentración, provocándolles contusións a varias persoas, segundo informa o colectivo Ceivar. No entanto, as protestas continuaron con berros contra as Forzas de Seguridade do Estado e a prol da liberdade dos detidos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto