A asociación ecoloxista Amigos da Terra lémbranos que nestas festas podemos poñer o noso grao de area para mellorar a saúde do planeta.
Nas festas de Nadal tamén é posíbel, e necesario, contribuír á sostibilidade do planeta. A asociación ecoloxista Amigos da Terra danos algunhas recomendacións logralo. Ás veces a tradición, a miúdo importada, non é a mellor compañeira, así lémbrannos que o costume de empregar árbores como elemento decorativo pode aumentar aínda máis o desequilibrio. Tamén é desexábel un uso máis racional da enerxía. Hai alternativas como o uso de lámpadas de baixo consumo ou electromésticos máis eficientes.
Mais dende Amigos da Terra dan outras claves nas que a miúdo non reparamos. Un exemplo é a compra de comida. Hai que asegurarse da procedencia de moitos produtos frescos como é o caso do comercio de camaróns que para unha maior produción a baixo custo destrúe incluso mangleiros tropicais, con grave prexuízo para a biodiversidade das zonas afectadas.
Podes ler aquí algúns consellos para un Nadal máis razoábel e comprometido.