A irmandiña non desaproveitou as tres ocasións que de momento tivo para saltar ao campo. Espertou a ilusión dos afeccionados. E os adestradores están satisfeitos.
Balance positivo dos seleccionadores, Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez, tras un partido marcado pola boa actitude do público e dos xogadores galegos.
É hora de mirar cara ao futuro da nosa selección e facer balance sobre a intervención dos Irmandiños neste último partido contra Camerún. Os seleccionadores galegos, Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez, mostraron a súa opinión sobre este tema, pero tamén aproveitaron a ocasión para repasar a traxectoria dos galegos.