Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Primeiro ministro de Turquía

Erdogan: "Non hai terroristas bos e terroristas malos"

Na súa intervención nos Almorzos Informativos de Europa Press desbotou pórlle unha data á fin de operacións no Curdistán iraquí.

EP / Redacción - 17:10 14/01/2008
Erdogan, nun intre da súa intervención, este luns

Erdogan, nun intre da súa intervención, este luns

O primeiro ministro turco, Recep Tayyip Erdogan, rexeitou este luns dar un calendario para a fin das operacións militares no norte de Iraq contra os milicianos do Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK), e asegurou que o seu goberno está a facer todo o posíbel para non prexudicar á poboación que vive na zona.

Durante a súa intervención nos Almorzos Informativos da axencia de novas Europa Press, Erdogan asegurou que agarda que "a nosa loita contra o terrorismo acabe moi cedo", e recordou que aínda que a autorización do parlamento turco só é por un ano, o goberno podería pedir unha ampliación.

O primeiro ministro turco quixo deixar claro que o seu país apoia "a integridade territorial, a tranquilidade e a estabilidade de Iraq e seguirémolas a apoiar".

Loita contra o terrorismo
Por outra banda, Erdogan considerou que "a loita contra o terrorismo é un dos retos máis duros da Humanidade" e a súa derrota "só é posíbel en colaboración global". "As bombas que mataron a centenares de persoas en Istambul en 2003, en Madrid en 2004 e en Londres en 2005 seguen a estourar hoxe en Iraq, en Líbano, en Afganistán e en Paquistán", dixo.

Segundo este, non se pode dicir "o meu terrorista é bo e o teu é malo" posto que "o terrorismo non pode ter escusas nin xustificacións". Neste senso, criticou que "algúns círculos" consideren a determinados terroristas como "loitadores da liberdade".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: