Coas actuacións de Lamatumbá, Ruxe-Ruxe, Ulträqäns e Leo i Arremecaghoná, servirá para presentar o álbum 120 Capadores.
				 
				
					Nunha romaría hai música, pero é moito máis que música. Na sociedade 
Tempo Novo de Elviña haberá carpa, e unha "xigantesca degustación popular de 
callos ao Bravú, viño e puros". E por suposto música. A partir das nove da noite, e coa presentación de Pulpiño Viascón, subirán ao escenario 
O Leo i Arremecaghoná, 
Lamatumbá, 
Ruxe-Ruxe e Ulträqäns, e o concerto rematará cunha sesión a cargo do 
DJ Ivan Dezine. 
O concerto-romaría servirá para homenaxear aos Diplomáticos de Montealto na súa cidade, e para presentar na Coruña o álbum 
120 Capadores.