 
 
Están presuntamente relacionados con outra desarticulada en 2004. A comunidade paquistaní da cidade considera que "é un erro".
Os detidos son de orixe paquistaní e a Garda Civil relaciónaos cun grupo de compatriotas desarticulado en 2004 e que foron condenados pola Audiencia Nacional española por pertencer a un grupo vinculado con Al Qaeda chamado Sunni Therik.
Axentes do instituto armado están a realizar rexistros nunha mesquita, domicilios particulares e outros locais no barrio do Raval.
O ministro español do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, dixo nunha comparecencia que os arrestados formaban parte dun "grupo cun nivel de organización importante", que estarían aprovisionándose de material e preparándose para cometer atentados.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto