Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XL FEIRA DO COCIDO

Os grelos e as cachuchas converteron Lalín na capital gastronómica do país

Máis de 50 mil persoas encheron as rúas lalinenses para enxalzar o cocido galego.

Redacción - 09:59 28/01/2008
Tags: cocido Lalín

A capital do Deza vestiuse esta fin de semana de festa. Máis de 50 mil amantes do bo comer achegáronse até Lalín este domingo para saborear o seu afamado cocido. Mentres a maioría dos veciños do municipio optaban por celebrar a cita nos seus fogares, a xente de fóra desbordou as ducias de restaurantes e bares que ofrecen cocido.

Mais antes de chegar a cita co prato, a xornada principiou no auditorio da localidade onde se presentaron a coñecer os novos comendadores do cocido. Xa na rúa, antes do pregón, o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, e os veciños presentes lembraron o finado Xosé Cuíña.

A festa volveu ás rúas de Lalín da man das polémicas garotas do Brasil, tal e como decidiran os veciños nunha particular votación. A pesar das críticas e dos reparos do propio rexedor local, o grupo de batuqueiros e garotas foi un dos máis celebrados da mañá.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: