Esta sorprendente conducta explícase polo desacoplamento entre a economía estadounidense e a economía global, por unha parte, e pola diferenza de percepción entre Wall Street e Silicon Valley, por outra
Contrariamente ao resto do país, Silicon Valley continúa cun optimismo "prudente". A economía nacional pode ir mal. As grandes empresas de Silicon Valley son agora globais e benefícianse do dólar escaso. Un 60% das rendas de Sun Microsystems, por exemplo, proceden do estranxeiro. Iso permitiulle anunciar beneficios para o último trimestre grazas ás excelentes vendas en Europa do Este, na India e na China. Os ingresos de IBM só aumentaro un 2% este ano nos Estados Unidos e un 20% en Asia.
Este relativo optimismo podería desaparecer rapidamente se a crise se volvese mundial o que é moi posible. Pero un drama americano debería ter menos repercusións que antes. Marco Anderson, fala de situación de "post soberanía".
Permanece a diferenza de percepción entre Silicon Valley e Wall Street. Este último que oscila sempre, observa aos vellos sabios, preso do medo mentres que Silicon Valley fai medrar aínda ás súas ganancias. O conflito é inevitable e explica o mal tratamento reservado ás accións de Apple e INTEL a pesar dos bos resultados obtidos polas dúas compañías.
Máis alá dos sentimentos, son os pedidos das empresas no ámbito das TIC que contan. Segundo o IDC, o aumento debería ser de 4% no 2008 contra un 7% do 2007. Unha diminución que non é catastrófica. No 2001 (recesión ademáis do 11 de setembro), os gastos do sector caeran un 11% en dous anos. A diminución é inevitable.
A verdadeira debilidade podería proceder do feito de que a publicidade é case o modelo exclusivo de rede 2.0 e que sofre sempre en período de crise aínda que o propio impacto deste fenómeno debería parcialmente ser compensado co feito de que os orzamentos publicitarios se desprazan cada vez máis claramente cara ao online.