Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
IV Copa Galega de Kaiak Extremo

Baixando o Ulla sen petar contra as minicentrais

Iso si que é extremo, e vaise desenvolver nas Torrentes do Ulla, entre Mácara e Ramil, o 9 e o 10 de febreiro.

Redacción - 12:55 30/01/2008
Outra imaxe, baixando

Outra imaxe, baixando

A Plataforma Social pola Defensa do Alto Ulla organiza o Campionato de Kaiak Extremo Torrentes do Ulla, ou o que é o mesmo, a IV Copa Galega de Kaiak Extremo, que se desenvolverá, como o seu nome indica, nas torrentes do río Ulla, entre Mácara e Ramil, do 9 ao 10 de febreiro.

As pendentes rápidas e impetuosas do Ulla, ao seu paso por Mácara, son perfectas para practicar este deporte, que ademais vai servir para reivindicar máis unha vez a defensa dun río sobre explotado por conta da grande cantidade de minicentrais que nel se teñen instalado nos últimos anos.

Será, pois, unha baixada-reivindicativa tamén en contra dos encontros; en kaiak polas torrentes e camiñando polas beiras do Ulla. Esa mesma noite de seguro que se organiza algunha paparota na zona.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: