Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SEGURIDADE NO MAR

O Sepla tamén detecta graves deficiencias no servizo de salvamento marítimo da Xunta

O sindicato de pilotos sinala que o persoal é escaso para cubrir os 365 días do ano e que hai deficiencias nos aparatos.

Redacción - 18:31 30/01/2008
Funeral por un dos mariñeiros afogados

Funeral por un dos mariñeiros afogados

As críticas coinciden en boa parte coas formuladas hai xa quince días pola CIG. Daquela, o sindicato nacionalista denunciara que os servizos de salvamento da Xunta non funcionaran con suficiente celeridade no rescate do pesqueiro "Cordero" (accidente que lle custou a vida a cinco mariñeiros, catro deles aínda desaparecidos).

Entre outras anomalías, o sindicalista Xabier Aboi denunciou que os helicópteros tiñan inoperativas as cámaras térmicas (fundamentais nas búsquedas nocturnas). A denuncia provocou un duro enfrontamento con Salvamento Marítimo, que sostivo en todo momento que o dispositivo funcionara á perfección.

Agora o Sepla revela que o persoal existente non garante a cobertura do servizo ao longo dos 365 días do ano e que hai "certas inoperatividades" nos equipos das aeronaves. Por se isto fose pouco, o Sepla denuncia que as tripulacións de garda dos helicópteros 'Pesca 1' e 'Pesca 2' non se atopan nas bases. Unha vez que reciben a alerta teñen que desprazarse até a mesma e iniciar os preparativos para a saída. Estiman que isto pode retrasar até 30 minutos a saída do helicóptero.


4,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: