Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comercio fóra de control

Os contrabandistas de marfil seguen ameazando a poboación de elefantes

A demanda do produto dispara a actividade ilegal das redes adicadas á matanza de elefantes para a súa obtención.

Redacción - 10:30 03/02/2008

"Non é abondo coa decisión da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de aprobar a suspensión dunha década para o comercio de marfil de elefante", sosteñen desde o Fondo Internacional para a Protección dos Animais.

Hai apenas uns días en Namibia era noticia a detención de varios furtivos que chegaban de matar sete elefantes. De xeito paralelo, en Cimbabue producíase unha ducia de detidos responsábeis da morte de quince destes animais. Son exemplos de matanza que se repite a miúdo en varios países africanos e que ten a súa orixe, segundo denuncian, na crecente demanda do "consumo" de produtos elaborados con marfil.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: