Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'1977', EN SUNDANCE

Peque Varela, Robert Redford e a planta de gas

A realizadora ferrolá Peque Varela presentou a súa curta de animación '1977' no Festival de Sundance.

Redacción - 12:16 04/02/2008
Tags: 1977 sundance

1977 non gañou, pero estar en Sundance, seguramente o escaparate máis importante do cinema independente e alternativo do mundo, é xa un éxito. A curta proxectouse en catro teatros e cinemas da cidade ao longo do mes de xaneiro. Peque Varela estivo en Utah, onde levou as reivindicacións ao redor da presenza da planta regasificadora de Reganosa no interior da ría de Ferrol, como destacan na páxina do Comité Cidadán de Emerxencia.

Tamén tivo a oportunidade de coñecer persoalmente a Robert Redford, creador e principal impulsor do festival.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: