Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Final da Copa Galicia

O Ribeira Sacra e o Marineda xogan a supremacía no voleibol feminino

As de Monforte están na casa, e as de Coruña veñen de visita, loitar pola máximo premio deste deporte no país. É a final máis igualada dos últimos anos.

Redacción - 11:00 10/02/2008
As monfortinas, elaborando un ataque

As monfortinas, elaborando un ataque

Xogan este domingo, ás 17:00, no pavillón monfortino da Pinguela. É a cita máis importante do volei feminino en Galiza, e vai ser difícil que as coruñesas poidan terminar coa supremacía Monfortina (levan xa 13 copas consecutivas gañadas).

Aínda que, por outro lado, esta debúllase como a final máis igualada da historia: as herculinas van marchando moi ben nos últimos encontros (coa chegada dos reforzos brasileiros Katia dos Santos e Nicole Kurtz), e as monfortinas acusan as baixas definitivas das xogadoras peruanas Zamudio e Baylón, cousa que tamén as está a afectar na segunda volta sa Superliga B (até agora van de cuartas).

Antes do partido hase aproveitar para presentar as escolas deportivas de voleibol de Lemos, nun acto que comezará ás 16:00 horas.

O partido será televisado en diferido polo canal da TDT da Galega, á volta das 21:30 horas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: