O coronel Lorenzo Fernández xa fora sancionado en 1981 por ordenar unha carga contra unha manifestación que contaba con permisos.
A Lei da Memoria Histórica semella que ergueu bozas entre algúns militares. Segundo informa este xoves La Voz de Galicia, o comandante militar da Coruña e Lugo, o coronel Lorenzo Fernández Navarro de los Paños y Álvarez de Miranda, foi arrestado hai tres semanas por un documento confidencial no que vertía valoracións sobre a lei.
O mesmo xornal sinala que non é o primeiro arresto na carreira deste militar. En 1981 tamén foi sancionado logo de ordear unha carga contra unha manifestación contra a OTAN na Coruña que contaba con todos os permisos. Fernández Navarro encabezou a carga, coa pistola na man, e prendeu sete manifestantes.