As traballadoras denuncian a competencia desleal que sofren e tamén que cobran menos ca os homes por desenvolver a mesma tarefa.
Arredor de setenta de redeiras de Vigo, A Guarda, O Morrazo, Malpica, Porto do Son e Camariñas ocuparon na mañá deste venres a Inspección de Traballo en Vigo para reclamar máis control sobre o furtivismo. As redeiras, que están acompañadas por dirixentes da CIG como Xabier Aboi, anuncian que van permanecer nas oficinas até conseguir un compromiso. O responsábel da Inspección de Traballo accedeu a recibilas no seu gabinete.
As traballadoras subliñan que hai moitas persoas que non cotizan (incluso pensionistas) que compiten con elas no día a día. Por se isto fose pouco, as redeiras aseguran que cobran menos ca os homes por desenvolver o mesmo traballo.