Os primeiros, do clube Astillero (tamén gañaron a competición por clubes), as segundas da selección nacional. De entre os galegos, destacaron os remeiros do Perillo (prata) e os do CN de Vigo (bronce).
O Club Astillero de Cantabria proclamouse este domingo vencedor absoluto do Open das Nacións-II Descenso do Ribeiro, conseguindo ademais o trofeo Estrella Galicia, destinado ao mellor clube masculino.
En mulleres destacou a selección de Bulgaria (vencedora absoluta do Open), e por clubes, o Académica de Coimbra (Portugal), seguidas de preto polas remeiras galegas do Perillo.
De entre os clubes galegos tamén destacou o RC Náutico de Vigo, que conseguiu o bronce na proba dos clubes, na categoría masculina, por detrás do xa nomeado Astillero e do Infante Don Henrique portugués.
Velaquí as clasificacións finais
Trofeo Caixanova de Seleccións Masculinas
1º.- Romanía
2º.- Cataluña
Trofeo Caixanova de Seleccións Femininas
1º.- Bulgaria
2º.- Romanía
3º.- Suecia
Trofeo Estrella Galicia Clubes Masculinos
1º.- Astillero (Cantabria)
2º.- Infante Don Henrique (Portugal)
3º.- Real Club Náutico de Vigo (Galiza)
Trofeo Cabreiroá Clubes Femininos
1º.- Académica de Coimbra (Portugal)
2º.- Club Perillo (Galiza)
3º.- Lyon Rowing Club (Francia)
Open das Nacións-Trofeo Concello de Castrelo - Feminino
Vencedor absoluto: Bulgaria
Open das Nacións-Trofeo Deputación de Ourense - Masculino
Vencedor absoluto: S.D.R. Astillero (Cantabria)