 
 
O presidente de Ecuador afirma que o seu país e Francia estaban a negociar con Raúl Reyes. Este martes reúnese a Organización de Estados Americanos.
 
											Territorio ecuatoriano onde tivo lugar o ataque de Colombia ás FARC
O presidente de Ecuador, Rafael Correa, afirmou nunha cadea de televisión que "as negociacións" entre Quito e París "estaban bastante avanzadas para liberar en Ecuador a doce reféns, entre estes Ingrid Betancourt". 
"Agora, todo se frustrou polas mans guerreiristas  e autoritarias", dixo o dirixente en alusión a operación militar de Colombia contra as FARC en territorio ecuatoriano.
Na mesma intervención televisiva, o ministro coordinador de Seguridade de Ecuador, Gustavo Larrea, admitiu que mantivera contactos coas FARC para buscar a liberación dos retidos, e precisou que Betancourt puido ser liberada en marzo. 
Segundo Correa, o goberno que preside non descarta que impedir esa liberación de reféns polas FARC fose "unha das motivacións da incursión e ataque por parte dos inimigos da paz". 
"Que buscaba o Goberno de (o presidente colombiano, Álvaro) Uribe eliminando a Raúl Reyes (portavoz internacional da guerrilla) en territorio ecuatoriano e logo inventando trapalladas para nos ligar coas FARC", cuestionouse o presidente.
 Tanto Ecuador coma Venezuela romperon as relacións diplomáticas con Colombia tras o incidente. A Organización de Estados Americanos vai analizar este martes nunha reunión urxente este tema.
 
						
									 
						
									 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto