 
 
O presidente colombiano acusa o seu homólogo de Venezuela de "patrocinar o terrorismo" e "financiar xenocidas".
 
											Uribe, pouco antes de anunciar que denunciará a Chávez
O presidente de Colombia, Álvaro Uribe, anunciou este martes que denunciará ante o Tribunal Penal Internacional (TPI) o presidente de Venezuela, Hugo Chávez, por "patrocinar o terrorismo", segundo informou Caracol Radio. 
"Hoxe, Camilo Ospina, o noso embaixador en Nacións Unidas anunciará que Colombia se propón denunciar ante a Corte Penal Internacional, a Hugo Chávez, presidente de Venezuela por patrocinio e financiamento de xenocidas", declarou Álvaro Uribe. 
  O mandatario baseará a súa denuncia nos documentos confiscados ao número dous das FARC, Raúl Reyes, abatido polo Exército colombiano o pasado sábado, e que a xuízo de Bogotá revelan os vínculos entre a guerrilla e o goberno de Hugo Chávez. 
  
"As FARC negocian material radioactivo" 
Por outra banda, o vicepresidente do goberno de Colombia, Francisco Santos Calderón, asegurou este mesmo martes en Xenebra que as FARC "estarían negociando material radioactivo co fin de fabricar armas sucias de destrución e terrorismo". 
As declaracións, realizadas ante a Conferencia de Desarme da ONU, están tamén baseados segundo dixo nos documentos confiscados a Raúl Reyes. Precisamente, a guerrilla deu a coñecer a través dun comunicado enviado á Axencia Bolivariana de Prensa, que Milton de Jesús Toncel, mais coñecido como Joaquín Gómez, será o seu sucesor.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto