Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Que prohiban misas", ironiza a Marcha Mundial

Defender a muller ten "incidencia política"?

A Marcha Mundial das Mulleres recorrerá a prohibición de concentracións para este sábado, promovida desde a Xunta Electoral pola suposta "incidencia política" na xornada de reflexión.

Redacción / EP - 09:00 06/03/2008

A resolución emitida pola subdelegación do goberno español na provincia de Pontevedra, instada pola Xunta Electoral Provincial, baséase nunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid sobre un caso "idéntico", segundo a cal "historicamente as concepcións feministas foron abandeiradas por opcións políticas concretas". No entanto, admite que "aínda que a manifestación non ten finalidade electoral, considera que a barreira entre o político e o social é moi tenue".

Con esa argumentación, a subdelegación do goberno español paraliza as actividades que considera que poden influír na "neutralidade" ás portas do día da votación nas eleccións xerais, no chamado "día de reflexión". Ao respecto, expoñen tamén que "non todos os partidos políticos comparten os mesmos postulados respecto ás reivindicacións da muller".

"Que prohiban tamén as misas"
A Marcha Mundial das Mulleres presentará recurso contencioso administrativo contra esa prohibición para a celebración de concentracións reivindicativas no Día Internacional da Muller, o próximo 8 de marzo. A voceira do colectivo en Pontevedra, Pilar Álvarez, falou este mércores do "cabreo" da organización ante unha decisión que cualifican de "inxustiza".

Ao respecto da argumentación realizada pola xunta electoral, Álvarez considera que esa mesma reflexión podería aplicarse para "prohibir as misas", e recordou que "o episcopado leva máis de seis meses en campaña electoral, pedindo o voto explicitamente para unha determinada opción política". Ademais, lembran desde a Marcha Mundial que o executivo non prohibiu actos institucionais similares, convocados por concellos e deputacións.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: