 
 
Durante o anuncio, o presidente nicaraguano, Daniel Ortega, expuxo que non está satisfeito coa resolución da OEA e agarda que se faga "unha condena clara ao crime".
"A ruptura non é co pobo colombiano, co que temos relacións históricas é unha gran identificación", explicou o presidente de Nicaragua, Daniel Ortega, "son un pobo irmán". Así, Ortega aclarou que se trata dunha decisión tomada "en solidariedade co pobo ecuatoriano". A noticia xurdía despois da xuntanza que o mandatario nicaraguano tiña co presidente ecuatoriano, Rafael Correa.   
  
  "Con quen estamos rachando é coa política terrorista que practica o goberno de Álvaro Uribe", dixo Ortega. De paso, o executivo nicaraguano fai público o seu desacordo coa resolución da Organización de Estados Americanos, a OEA, que se ben recoñecía esta semana que Colombia "violou a soberanía ecuatoriana" ao atacar as FARC en territorio estranxeiro, tamén evitou condenar o goberno colombiano por este motivo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto