Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
8 marzo

Equidade e xustiza para as mulleres

A Coordinadora Galega de ONGD tamén se suma ás reivindicacións a prol dos dereitos femininos como forma de erradicar a pobreza.

Redacción - 09:35 08/03/2008

A construción dunha sociedade máis xusta pasa pola igualdade de xénero. Esta é a proposta que a Coordinadora Galega de ONGD fai para este 8 de marzo, no que celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora.

Para chegar a superar esta situación, dende a Coordinadora afirman que é necesario "levar a cabo cambios sistémicos e estruturais". Son reivindicacións que afectan tamén aos dereitos das mulleres e á igualdade de xénero, xa que as políticas internacionais actuais "quítanlles oportunidades de vida, saúde e outros dereitos económicos, ao tempo que sustentan unha reacción fundamentalista e o auxe dun militarismo que priva ás mulleres de autonomía e de opcións persoais".

Fanse necesarios, polo tanto, unha xustiza comercial para o empoderamento social, económico, cultural e político das mulleres; a cancelación da débeda para liberar da súa carga ás mulleres pobres e as súas familias; unha mellor axuda que contribúa a erradicar a feminización da pobreza ou os procesos políticos democráticos, transparentes, participativos e de rendición de contas en cada país que abran portas ás mulleres e eliminen as políticas discriminatorias.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: