Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁIS LIQUIDEZ

A Reserva Federal de EUA amplía os acordos con Europa para frear a crise

Ademais, o banco central estadounidense inxectará 200.000 millóns de dólares en valores a 28 días.

Redacción - 18:20 11/03/2008

A Reserva Federal dos EUA anunciou este martes que ampliará o seu programa de empréstitos cunha liña de crédito temporal en valores de até 200.000 millóns de dólares e ampliando os seus acordos de intercambio co Banco Central Europeo e máis co Banco Nacional de Suíza. A inxección en valores do Tesouro con vencemento a 28 días ten como obxectivo promover a liquidez nos mercados de financiamento para valores do Tesouro e outros colaterais e impulsar o funcionamento dos mercados financeiros en xeral.

Segundo a Reserva Federal, poñerase a disposición das entidades mediante poxas semanais, a primeira delas o 27 de marzo. Paralelamente, a institución estadounidense, presidida por Ben S. Bernanke, informou de que o Comité de Política Aberta da Reserva autorizou un incremento dos acordos temporais recíprocos sobre divisas que mantén co BCE e co banco central suízo, que durarán até o 30 de setembro. Mediante estes acordos, o BCE Poderá proporcionar até 30.000 millóns de dólares, fronte aos 20.000 do anterior acordo, mentres que o seu homólogo suízo poderá poxar até 6.000 millóns de dólares, 2.000 máis do acordado en decembro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: