Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Inspección do Pazo de Meirás

Ánxela Bugallo: "A decisión permite que Patrimonio faga o seu traballo"

A conselleira de Cultura amosouse "satisfeita" polo fallo do TSXG, que autoriza a inspección do inmóbel, paso previo a unha hipotética declaración como BIC.

Redacción - 17:42 18/03/2008
Porta de entrada ao pazo / Flickr: capitan-patata

Porta de entrada ao pazo / Flickr: capitan-patata

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, amosouse "satisfeita" polo fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que autoriza unha inspección do Pazo de Meirás para avaliar a súa posíbel declaración como Ben de Interese Cultural (BIC).
Segundo salientou este martes tras coñecer a decisión, a medida permitirá que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural "faga o o seu traballo" e poida realizar un inventario dos seus bens.

A inspección realizarase nun "prazo curto", adiantou a conselleira, se ben o departamento primeiro deberá pórse en contacto cos propietarios do inmóbel, os herdeiros do finado ditador español Francisco Franco. Se isto non fose posíbel, o TSXG será o que marque unha data para a inspección.

"Unha obriga"
Bugallo expuxo que, tal e como se recolle no fallo xudicial, o seu departamento "non fará pública a data" en que os técnicos farán o seu traballo, para facilitar que o realicen "con tranquilidade" e tamén "respectar" a intimidade dos propietarios.

Por último, lembrou que esta inspección é "imprescindíbel" para determinar se o pazo pode obter a declaración como BIC, mais concretou que, ademais, é "unha obriga" xa que este inmóbel xa forma parte do inventario do patrimonio cultural de Galiza.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: