Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Solicitude formal do goberno

Piden a detención dun ex ministro arxentino da ditadura pola desaparición dun cidadán galego

O ex ministro de Economía José Alfredo Martínez de Hoz estaría relacionado coa morte de Xan Carlos Casariego de Bel, funcionario daquela na área de Facenda.

Redacción - 09:00 27/03/2008
Tags: Arxentina

A oposición de Casariego de Bel á privatización da Compañía Italo Argentina de Electricidad (CIAE), sería un dos posíbeis motivos que levaron á ditadura a actuar contra el. Casariego era naquel momento director de Rexistros de Investimentos Estranxeiros do Ministerio de Economía. A súa desaparición produciuse o 15 de xuño de 1977, despois de negarse a asinar unha cláusula para acreditar que a CIAE era de capitais estranxeiros para cotizala a un prezo maior ao seu valor real previo á súa estatización.

AFederación de Entidades Galegas presentara un pedido de investigación ante a xustiza federal que non prosperou, pero agora o caso reabrirase tras ao paso dado pola Secretaría de Dereitos Humanos

Desaparición promovida polo "proxecto terrorista" da ditadura
Segundo a investigación coordinada polo secretario de Dereitos Humanos, Eduardo Luis Duhalde, esa desaparición está "estreita e fundamentalmente ligada á súa negativa a acordar o que ao seu xuízo non correspondía en relación á Italo Argentina, que até dous días despois do golpe era presidida por Martínez de Hoz".

Por este e outros sucesos, Duhalde referiuse a Martínez de Hoz como "cadro esencial do proxecto terrorista da ditadura". "Non só foi o autor do plan económico que foi o fundamento real e verdadeiro que levou ao asalto das institucións o 24 de marzo de 1976, senón que ademais" tivo participación directa en actos propios de terrorismo de Estado,"en feitos concretos de sangue, tortura e desaparición de persoas", engadiu Duhalde.

Así, o executivo arxentino, pide formalmente a través da secretaría de Dereitos Humanos e ante o xuíz federa Daniel Rafecas, que se arreste o ex ministro e estende a solicitude de detencións a outros dous ex funcionarios baixo o seu cargo, Juan Alemann e Guillermo Walter Klein, ex secretarios de Facenda e de Coordinación e Programación Económica.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: