 
 
Colectivos ecoloxistas promoven a nivel mundial un apagado masivo de luces e desconexión de aparellos. Este sábado: entre 20 e 21 horas.
Unha iniciativa simbólica,  bautizada Earth Hour,  para a que se solicita a colaboración de todos os cidadáns. Un dos promotores, o colectivo WWF-Adena , convida así a demostrar a preocupación pola situación que afronta o planeta "cun xesto tan simple" como o de darlle á chave da luz e renunciar á electricidade durante sesenta minutos. 
  
  O proxecto trata de subliñar a importancia de que fogares e empresas tomen conciencia da necesidade de implicárense na xestión máis eficaz dos recursos dos que nos fornece o planeta, e de xeito especial, sobre a ameaza do quecemento global e o cambio climático.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto