Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
DÍA DA TERRA

Verdegaia pide un plan de redución de gases do efecto invernadoiro

Segundo un informe do Ministerio de Medio Ambiente, as térmicas de Meirama e As Pontes emiten o 37% dos contaminantes de Galiza.

Redacción - 19:30 21/04/2008
Ao fondo, central térmica de Meirama / Flickr: Víctor Santos

Ao fondo, central térmica de Meirama / Flickr: Víctor Santos

As emisións de gases responsábeis do efecto invernadoiro aumentaron no país un 20,5 por cento entre 1990 e 2006, segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente dados a coñecer por Verdegaia. Co gallo do Día da Terra, que se conmemora mañá, do documento pódese tirar que esa contaminación aumentou en Galiza menos ca no Estado, pero moito máis ca na UE e no conxunto dos países desenvolvidos.

Verdegaia pediulle á Xunta que elabora un plan de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, dentro da primeira fase de cumprimento do Protocolo de Quioto, e que lles dea difusión aos datos sobre emisións de gases. Neste sentido, a asociación informou de que xa denunciou perante o Valedor do Pobo o incumprimento do Goberno de presentar un informe anual de gases e das súas fontes, como obriga a Lei de protección do medio ambiente atmosférico.

O mesmo documento di que o sector do transporte foi o que máis contribuíu ao aumento da contaminación, por una política de construción de novas infraestruturas de transporte que non levou consigo a promoción dos medios de transporte sustentábeis. Porén, as centrais térmicas das Pontes e Meirama seguen a ser a principal fonte de emisións do país: o 37% dos gases producidos en 2006 fronte ao 20% do transporte.


3,86/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: