Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Enquisa do INE até 2006

O aumento da "innovación empresarial" dobra en Galiza a media estatal

Viraxe significativa na aposta do empresariado do país, cun aumento do 10,3% de empresas con actividades innovadoras.

Redacción / Europa Press - 14:00 03/05/2008

Os datos saen da "Enquisa sobre innovación tecnolóxica nas empresas 2006", publicada polo Instituto Nacional de Estatística, onde Galiza remata o ano 2006 cun incremento do 10,3% en canto ao número de empresas con actividades innovadoras, chegando a un total de 1.545. No mesmo período, o aumento no conxunto do Estado foi dun 5,7%, completando unha suma de 31.460.

Na mesma enquisa, Galiza aparece rexistrada no sexto lugar en canto a número total de compañías con accións de innovación. A lista ten á cabeza a Cataluña (con 6.867), seguida de Madrid (4.879). A continuación están Andalucía (3.967), Comunidade Valenciana (3.819), Euskadi (2.544), Galiza (1.545), Aragón (1.138), Castela e León (1.110) e Castela-A Mancha (1.073).

Por debaixo están Murcia (984 firmas con accións de innovación), Navarra (700), Canarias (671), Baleares (516), Asturias (515), Cantabria (381), Estremadura (366) e La Rioja (348).


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: