Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Estudas ou traballas...?"

Espremendo laboralmente a bolseiros coa escusa de "prácticas formativas"

Comisións Obreiras pon en marcha unha campaña contra as "relacións laborais encubertas" baixo a fórmula de prácticas en empresas.

Redacción - 16:15 11/05/2008

Estabelecer porcentaxes máximas de alumnos en prácticas sobre o total do cadro de persoal da empresa ou habilitar canles de negociación para a conversión en contratos das prácticas son algunhas das reclamacións que forman parte da campaña do sindicato CCOO-Galicia.

Segundo explicaron esta semana no lanzamento da iniciativa a secretaria confederal de Xuventude, Nuria Rico, e o secretario de Xuventude de CCOO en Galiza, Melchor Roel, o sindicato elaborou un informe onde se pon de manifesto a realidade de milleiros de mozos que en todo o Estado fan prácticas formativas irregularmente utilizadas polas empresas.

Na opinión do sindicato, é necesario garantir o dereito de información da representación legal dos traballadores antes do comezo das prácticas e deben estabelecerse canles claros de contratación no caso de persoas xa tituladas. O obxectivo é frear a cobertura de postos de traballo a través de supostas bolsas de formación.


3,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: