No que vai de ano, rexistrouse un incremento do 1,4 por cento, mentres que a inflación interanual chegou ao 4,4 por cento, dúas décimas por riba da media estatal.
Os prezos subiron un 1,1 por cento en Galiza durante o mes de abril, con respecto ao mes anterior. Con este incremento, acumúlase dende comezos de ano un incremento do 1,4 por cento, chegando a inflación interanual até o 4,4 por cento, dúas décimas superior á media estatal. Segundo estes datos, o noso país acada, tras Cantabria (4,7%), Castela e León (4,5%) e Canarias(4,5%) a posición máis inflacionista do Estado.
Os prezos subiron en todo tipo de produtos excepto no vestido e no calzado, onde caeron un 3,8 por cento e en ocio e cultura. Porén, a vivenda foi o pico máis alto, onde os prezos se incrementaron no 4,5 por cento.
Por provincias, en Lugo e Ourense rexistrouse un aumento máis notábel dos prezos, con 1,5 e 1,3 por cento respectivamente. Pola súa banda, en Pontevedra e a Coruña o IPC situouse no 1,1 e no 1 por cento.