Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O seu nivel máis alto dende 1997

O IPC harmonizado sobe cinco décimas en maio no Estado, situándose no 4,7%

O Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCH) medra de novo, despois da "calma" rexistrada en abril.

Redacción - 10:30 29/05/2008
O IPC acadou en maio a súa taxa máis alta dende 1997 / Táboa de prezos nun bar andaluz, do Flickr de cuellar

O IPC acadou en maio a súa taxa máis alta dende 1997 / Táboa de prezos nun bar andaluz, do Flickr de cuellar

O Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCH) no Estado Español situou a súa taxa anual no 4,7 por cento no mes de maio, cinco décimas máis que en abril, segundo o indicador adiantado, elaborado polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Os datos definitivos, cos que se podería saber que tipo de produtos fixeron subir esta cifra, faranse públicos o vindeiro 11 de xuño.

A taxa máis alta dende que se teñen rexistros

A taxa do mes en curso, 4,7 por cento, é a máis que se ten rexistrado dende xaneiro de 1997, ano no que o INE comezou a elaborar esta serie. Esta cifra rexistrada supón volver ás subas tras o pequeno "respiro" que supuxo o mes de abril, cando caeu catro décimas, até o 4,2 por cento (4,4 por cento en Galiza, dúas décimas por riba dos datos estatais), despois de ter encadeado sete aumentos consecutivos, que tocaron teito co 4,6 por cento acadado en marzo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: