Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PATRIMONIO MARÍTIMO

Comeza a singradura cara a Brest

Ábrese o programa de actividades para conmemorar que o noso país é convidado de honra este ano na Festa Marítima Internacional da cidade bretoa.

Redacción - 13:35 01/06/2008

A Consellaría de Cultura e Deporte presentou este domingo na Coruña a campaña de divulgación da cultura marítima do país que se vai desenvolver nas principais cidades. A actividade de promoción servirá de conta atrás cara á participación de Galiza no maior evento do mundo de patrimonio marítimo, do 11 ao 17 de xullo en Brest. Será o país convidado de honra da Festa Marítima Internacional da cidade bretoa.

A cidadanía coruñesa poderá gozar durante o día dunha mostra da cultura marítima tradicional galega, con embarcacións tradicionais, unha mostra divulgativa sobre a relación histórica de Galia co mar, maquetas, xogos infantís e exhibicións. Un carpinteiro de ribeira amosará como se constrúe unha dorna.

A itinerancia visitará, posteriormente, Ferrol, o domingo día 8; Pontevedra, o domingo 15; Vigo o día 22, e Santiago de Compostela o 29 de xuño. A Consellaría de Cultura espera que arredor dun millón de visitantes de todo omundo coñecerán Galiza e a súa cultura marítima do 11 ao 17 de xullo en Brest. A nosa será a primeira nacion que non é estado que acode á Festa Marítima Internacional en calidade de país convidado de honra.

Galiza amosará a súa potencia e patrimonio marítimos a carón doutros países de fonda tradición mariñeira como Noruega e Croacia. Ademais, o 16 de xullo celebrarase o Día de Galiza na festa. En Brest reuniranse máis de 2.000 embarcacións de 30 países e 15.000 mariñeiros. Arredor de 800 xornalistas acreditados comunicarán o evento de Brest a todo o mundo.

Coincidindo coa presentación da campaña, este domingo ao mediodía, púxose tamén en marcha a web Galicia en Brest, onde se pode seguir de preto toda a programación e os detalles da participación galega no encontro.


5/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: