Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OCEANOGRAFÍA

Científicos estudan a ampliación da zona de soberanía dos nosos fondos mariños

Ampliar ata 350 millas a Zona Económica Exclusiva permitiría contar cos dereitos de explotación e protección dos recursos naturais.

Redacción - 18:30 04/07/2008

Científicos do Instituto Español de Oceanografía (IEO) e do Instituto Hidrográfico da Mariña (IHM), xunto con investigadores das universidades están a cartografar dende o buque Hespérides os fondos mariños da nosa costa oeste. O obxectivo é elaborar un estudo para solicitar ás Nacións Unidas a ampliación da Zona Económica Exclusiva de 200 a 350 millas.

Este recoñecemento implicaría un recoñecemento de dereitos de soberanía para os fins de explotación dos recursos naturais, se ben se refire só ás especies que están fixas ao fondo. Tamén outorgaría a xurisdición para investigar e protexer o medio mariño. E aínda máis, alonxaría o tráfico de mercadorías perigosas das nosas costas, xa que o paso pola ZEE é un dereito de todos os buques, sexa cal for a súa bandeira. Este non é un dato menor, se temos en conta que dos 45.000 buques que cada ano pasan fronte ao Dispositivo de Separación de Tráfico Marítimo de Fisterra (DSTM), 15.000 transportan materiais cualificados como perigosos, segundo unha resposta parlamentaria que o goberno español remitiu ao voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera.

Segundo explicou o xeólogo e oceanógrafo Juan Acosta nun curso de verán celebrado en Madrid, esta é a única costa do territorio español na que se pode ampliar a ZEE ata as 350 millas, xa que tanto no Mediterráneo como no Cantábrico a proximidade de países veciños determina que nin tan sequera acade as 200 millas.

Solicitude de ampliación
Só cumprindo unha serie de requisitos se pode ampliar ata as 350 millas o espazo protexido, segundo recolle a Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar, sen embargo a solicitude debe realizarse antes de maio do vindeiro ano.

Os científicos terán en conta a profundidade das augas e que no fondo existan depósitos de sedementos ou rochas de orixe continental cun determinado expesor. Son cuestións difíciles de explicar, segundo Acosta, pero que sé dan no caso da costa oeste galega.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: